Saltar ao contido

A TRAVESÍA NÁUTICA XACOBEA

A experiencia

Hai dous roteiros posibles para realizar a Travesía Náutica Xacobea. O norte, con orixe no porto de Ares ou Ribadeo e o sur, desde os portos de Vigo ou Baiona.

A experiencia baséase en percorrer o mínimo de 90 millas náuticas esixidas pola igrexa para recoñecer unha peregrinación marítima antes de poñer rumbo a Santiago de Compostela a través do Camiño da ría de Muros Noia, desde o porto de chegada, o Real Club Náutico de Portosín.

Tanto se elixes a roteiro Norte, desde o Cantábrico, como a Sur, desde a ría de Vigo, a Travesía Náutica Xacobea é un percorrido polos clubs náuticos de Galicia que máis apostaron pola calidade e a atención ao navegante.

Ademais das mellores mariñas e servizos, os restaurantes dos Clubs náuticos integrantes da Travesía Náutica Xacobeas están entre os mellores de Galicia, co que che brindamos unha experiencia de navegación e peregrinación 360º.

Podes realizar a Travesía Náutica Xacobea coa túa embarcación ou alugar unha nos portos de Vigo, Baiona, Ares ou Ribadeo.

Obtén a Compostela con Asnauga e a Travesía Náutica Xacobea

A Compostela é o principal diploma de recoñecemento da condición de peregrino que outorga a igrexa a quen realiza o camiño de Santiago cumprindo unha serie de condicións mínimas. Para as peregrinacións marítimas son catro:

  • Realizar a navegación a vela, emulando as peregrinacións marítimas históricas.
  • Facelo seguindo algún dos itinerarios históricos recoñecidos pola Igrexa.
  • Percorrer un mínimo de 90 millas náuticas.
  • Realizar os últimos quilómetros da entrada a Santiago a pé.

Para acreditar estes requisitos o peregrino fai a súa viaxe coa credencial do peregrino, un pasaporte no que rexistra como mínimo dúas veces ao día (inicio e final de xornada) o seu paso polas diferentes localidades do Camiño. Para acreditar o paso por unha localidade é válido o selo de calquera establecemento, institución ou igrexa do itinerario.

A Travesía Náutica Sur

O Roteiro Sur da Travesía Náutica Xacobea ten unha duración de entre 3 e 4 días e o portos distinguidos coa Q de calidade turística nos que debes recalar para selar a túa credencial son:

  • Real Club Náutico de Vigo
  • Monte Real Club de Iates de Baiona
  • Real Club Náutico de Rodeira
  • Real Club Náutico de Sanxenxo
  • Real Club Náutico de Portonovo
  • Real Club Náutico de Riveira
  • Real Club Náutico de Portosín

E igual que no Roteiro Norte, desde Portosín debes desprazarche ata a poboación de Bertamiráns (Ames) en vehículo e tras selar a túa credencial, continuar a pé os 12 últimos Km ata Santiago de Compostela

A Travesía Náutica Norte

O Roteiro Norte da Travesía Náutica Xacobea ten unha duración de entre 4 e 6 días, dependendo do porto de saída que escollas. O porto máis próximo ao Camiño da ría de Muros-Noia que che permitirá acumular as 90 millas náuticas mínimas para obter a Compostela é o de Ares, se non, podes facelo desde Ribadeo, no límite de Galicia con Asturias.

Por tanto, os portos con Q de calidade turística nos que realizar a selaxe da Credencial do peregrino son:

  • Club Náutico Ría de Ares
  • Club Náutico de Sada
  • Real Club Náutico de A Coruña
  • Real Club Náutico de Portosín, xa na ría de Muros Noia. 

Desde aquí debes desprazarche ata a poboación de Bertamiráns (Ames) en vehículo e tras selar a túa credencial, continuar a pé os 12 últimos Km ata Santiago de Compostela.

Otros servicios

Co fin de que a túa experiencia resulte máis cómoda, desde Sailway podemos xestionarche outros servizos:

  • Reserva de atracadas en todos os portos, no caso de alugueiro sen patrón.
  • Transfers desde e cara a aeroportos de chegada/partida.
  • Reservas de ceas e comidas na cuarta etapa de peregrinación por terra.
  • Reservas de hoteis no caso de que prefirades durmir en terra.
  • Traslado de maletas.
  • Guía acompañante para o tramo a pé e para Santiago de Compostela.
  • Todo aquilo que prevexades que podedes necesitar en terra mentres navegades.