Vía Queriníssima
Pietro Querini zarpó de Candia (actual Creta) a bordo del Gemma Querina cargado de mercancías valiosas como vino de malvasía, aceite de oliva, pasas, algodón y otros artículos preciosos con destino a Flandes
A Vía Querinissima

O relato de Pietro Querini: unha ponte marítima entre o norte e o sur de Europa

O 25 de abril de 1431, Pietro Querini, nobre e comerciante veneciano, partiu desde Creta a
bordo do Gemma Querina, cargado con mercadorías de alto valor comercial, co obxectivo
de chegar a Flandres, principal centro comercial de Europa na época.
A primeira parte da travesía estivo chea de desventuras. O 2 de xuño de 1431, rompeuse o
temón do Gemma Querina, polo que se viu obrigado a facer escala en terras andaluzas
para a súa reparación. O 14 de xullo, o barco puido retomar a viaxe, pero os temporais
empuxárono cara ás Illas Canarias e posteriormente ata Lisboa, onde fixeron unha parada
para reforzar a estrutura da embarcación.

O Gemma Querina retomou o rumbo o 14 de setembro, pero o empeoramento das
condicións meteorolóxicas obrigounos a modificar unha vez máis o itinerario, chegando o 26 de outubro ao porto de Muros. Unha vez alí, Pietro Querini decidiu facer peregrinación a
Santiago de Compostela, acompañado por algúns membros da súa tripulación.
O naufraxio e a loita pola supervivencia
O 5 de novembro de 1431, o Gemma Querina volveu internarse no océano rumbo a
Flandres, pero fortes tormentas empuxaron o barco máis alá do cabo Fisterra, acabando
fronte ás Illas Scilly.
O temón rompeu definitivamente, deixando á tripulación á mercé das ondas e do intenso
frío, que os levou máis alá do Círculo Polar Ártico. Ante as condicións extremas, Querini
decidiu baixar dous botes salvavidas: o Schiffo, con 21 mariñeiros, e o Fusta, que
transportaba os 47 restantes, incluído o propio Querini. Durante a noite, ambos barcos
perderon o contacto, e máis tarde soubose que todos os mariñeiros a bordo do Schiffo
faleceran.
Dos 47 homes a bordo do Fusta, 26 morreron conxelados ou despois de beber auga
salgada na súa desesperación por acougar a sede.

Salvación nas Illas Lofoten
O 4 de xaneiro de 1432, os superviventes divisaron terra. O 6 de xaneiro, chegaron finalmente a Sandøya, unha das Illas Lofoten en Noruega, onde se agocharon entre os restos do barco e sobreviviron comendo neve, caracois e lapas. As dificultades continuaron, pois o frío extremo e a escaseza de alimentos facían desesperada a súa situación.
Despois de once días, a fortuna cambiou cando un mariñeiro descubriu unha cabana abandonada e sinais de vida humana preto. En febreiro, un pescador noruegués e os seus dous fillos, que chegaran a Sandøya para controlar o gando, atoparon os náufragos e
leváronos a Røst, unha pequena vila mariñeira.
A vida en Røst e o descubrimento do bacallau seco
A comunidade de Røst acolleu aos superviventes con grande hospitalidade,
proporcionándolles comida, refuxio e coidados. Pietro Querini fixo unha descrición detallada
da vila, das súas costumes e do estilo de vida dos habitantes. Foi alí onde coñeceu por
primeira vez o bacallau seco, un peixe que se deshidrata ao vento e ao sol sen sal, un
recurso fundamental para a supervivencia da poboación local.
O regreso a casa
O 14 de maio de 1432, partiron nun barco con destino a Bergen, levando sesenta bacallaos que lles regalaron os seus anfitrións. En Gotemburgo, a tripulación separouse: algúns, como Cristofalo Fioravanti e Nicolò de Michiel, embarcáronse cara a Rostock (Alemaña), mentres que outros, incluído Querini, dirixíronse a Inglaterra.
Querini chegou a King’s Lynn o 22 de setembro de 1432, e desde alí marchou a Londres, onde foi finalmente recibido por comerciantes venecianos. Desde Londres, continuou a súa viaxe por Flandres e Suíza, chegando finalmente a Venecia o 25 de xaneiro de 1433.
Esta ruta ten un gran valor histórico, xa que Pietro Querini elaborou unha serie de informes detallados con información valiosa sobre os costumes e prácticas das poboacións nórdicas do século XV.

Valor histórico da Querinissima

A viaxe de Pietro Querini non foi só unha aventura extraordinaria, senón que tamén marcou o inicio dun intercambio cultural e gastronómico entre o norte de Europa e o Mediterráneo.
O seu informe, presentado ao Dux de Venecia, ofrece un relato detallado do sufrimento
humano e da resistencia, así como coñecementos sobre a vida das comunidades do norte europeo.
Hai dous diarios distintos desta aventura extraordinaria: un de Pietro Querini, conservado en dúas copias manuscritas na Biblioteca Apostólica Vaticana e na Biblioteca Marciana de Venecia; e outro dos oficiais superviventes Cristoforo Fioravanti e Nicolò di Michiel, conservado na Biblioteca Nazionale Marciana de Venecia e redactado polo humanista florentino Antonio di Corrado de Cardini.
Tamén se atopan referencias á odisea de Querini en cartas náuticas da época, como no Atlas de Andrea Bianco (1436), onde se indica “stocfis” na zona das Lofoten, e no famoso mapamundi de Fra Mauro (1457–1459). A información foi recollida de: Liuzza, Marzia. 2018. Il grande viaggio di Pietro Querini: una ricerca tra storia e cultura. Disertación, Universidade IULM.



Vía Querinissima: Do mito á historia
A Vía Querinissima é hoxe unha ruta que recrea o percorrido da aventura de Pietro Querini
por mar e terra, promovendo un turismo cultural e enogastronómico consciente e sostible.
Entre os seus obxectivos inmediatos está a obtención da certificación do Consello de
Europa como Itinerario Cultural Europeo en 2025.

A Vía Querinissima atravesa moitos itinerarios xa recoñecidos polo Consello de Europa e
destaca por ser o primeiro itinerario que incorpora unha ruta marítima.
Obter a certificación de Itinerario Cultural do Consello de Europa é garantía de excelencia.
Estas redes desenvolven actividades e proxectos innovadores en cinco ámbitos de acción
prioritarios:
– cooperación en investigación e desenvolvemento;
– posta en valor da memoria, historia e patrimonio europeo;
– intercambios culturais e educativos para a mocidade europea;
– prácticas artísticas e culturais contemporáneas;
– turismo cultural e desenvolvemento sostible.

MIEMBROS DA ASOCIACIÓN VIA QUERINÍSSIMA
Una conexión entre la peregrinación, la Ría de Muros Noia y la Vía Queriníssima
A Ría de Muros Noia foi historicamente unha porta marítima de entrada dos peregrinos a
Compostela.
Este papel vese reforzado coa Vía Querinissima, a travesía do veneciano Pietro Querini
que, tras naufragar en Galicia, emprendeu o Camiño. Hoxe, esta ruta simboliza a conexión
entre o norte e o sur de Europa e representa un modelo de turismo cultural e sostible.



























